Áreas de intervención
Terapia individual para mozos e adultos
No noso país, 1 de cada 4 persoas terá un problema de saúde mental ao longo da súa vida. Se ti es unha delas, podo axudarche a comprender o que che está a suceder, ofrecerche estratexias de afrontamento e as ferramentas necesarias para recuperar o teu benestar, acompañándote durante todo o proceso.
A terapia individual vai dirixida, entre outros, aos seguintes problemas e/ou trastornos:
- Depresión e trastornos do estado de ánimo
- Dós e rupturas
- Problemas de ansiedade
- Pánico, crises de angustia e agorafobia
- Fobias
- Trastorno obsesivo-compulsivo (TOC)
- Trastorno de estrés postraumático (TEPT) e trauma
- Estrés laboral
- Hipocondría
- Celos patolóxicos
- Dependencia emocional
- Trastornos da conduta alimentaria
- Adiccións (a substancias, xogo, redes sociais, etc.)
- Trastornos da imaxe corporal
- Trastornos de personalidade
- Trastornos do sono
- Problemas de autoestima e inseguridade
- Déficit de habilidades sociais
- Problemas derivados de situacións de violencia física, sexual e/ou emocional
- Problemas relacionados coa non aceptación da identidade e/ou orientación sexual
Trastornos do estado de ánimo
As persoas con este tipo de trastornos poden experimentar unha ou dúas condicións principais:
Manía: exceso de confianza e enerxía, que a miúdo leva a condutas impulsivas ou perigosas.
Depresión: falta extrema de enerxía, apatía, desinterese, desesperanza e incapacidade para gozar da vida.
Tipos comúns:
- Trastorno depresivo maior
- Distimia
- Trastorno bipolar
Trastornos de ansiedade
A ansiedade pode manifestarse de distintas formas: como unha inquietude constante, preocupacións excesivas, pensamentos intrusivos ou respostas fisiolóxicas como tensión muscular e taquicardia.
Trastorno de ansiedade xeneralizada: preocupacións continuas e incontrolables, con síntomas físicos como fatiga, irritabilidade ou tensión.
Trastorno de pánico con ou sen agorafobia: crises de pánico inesperadas con medo a morrer ou perder o control, seguidas de evitación de lugares por medo a revivilo.
Fobias específicas: medo irracional a obxectos ou situacións concretas, que pode limitar moito a vida diaria.
Fobia social: medo extremo a situacións sociais, especialmente onde a persoa se sente observada ou xulgada.
Trastorno de estrés postraumático (TEPT): aparece tras vivencias traumáticas e inclúe lembranzas intrusivas, pesadelos e evitación de estímulos asociados.
TOC (trastorno obsesivo-compulsivo): pensamentos intrusivos persistentes que se intentan neutralizar con rituais ou evitacións.
Trastornos da conduta alimentaria
Estes trastornos están moi influenciados polo contexto sociocultural. Son máis frecuentes en sociedades onde a delgadez se asocia á beleza, e adoitan comezar na adolescencia.
Anorexia nerviosa: restrición extrema da inxesta de alimentos por medo a engordar e distorsión da imaxe corporal.
Bulimia nerviosa: episodios de sobreinxesta seguidos de condutas compensatorias (vómitos, exercicio, uso de laxantes, etc.).
Trastorno por atracón: episodios de sobreinxesta sen compensación posterior.
A intervención céntrase nos pensamentos, emocións e condutas relacionadas coa comida, a imaxe corporal e o peso, promovendo unha recuperación saudable do control persoal.
Trastornos do sono
Na súa orixe inflúen factores fisiolóxicos, psicolóxicos e culturais. O máis común é o insomnio, que implica dificultades para iniciar ou manter o sono co resultado dun descanso pouco reparador. Se non se aborda, pode derivar noutras patoloxías e afectar seriamente á calidade de vida
Adiccións
As adiccións alteran os circuítos cerebrais e provocan una perda de control sobre o comportamento, o pensamento e os impulsos relacionados coa dependencia, a pesar das consecuencias negativas.
Inclúen tanto substancias como condutas:
- Alcol, drogas, medicacións
- Xogo patolóxico
- Internet, redes sociais
- Sexo compulsivo
- Comida, traballo, exercicio físico
Trastornos de personalidade
Son patróns crónicos e desadaptativos de pensamento e conduta que xorden na infancia e perduran na vida adulta. Xeran malestar persoal e dificultade nas relacións. A terapia axuda a identificar estes patróns e a modificar as dinámicas que causan sufrimento.
Terapia sexual
Os problemas nas relacións sexuais poden aparecer en calquera das tres fases da resposta sexual ou estar asociados á dor.
Trastornos do desexo sexual: desexo hipoactivo ou aversión ao sexo.
Trastornos da excitación: dificultade para manter a erección no home ou para lograr excitación e lubricación na muller.
Trastornos orgásmicos: incapacidade para alcanzar o orgasmo (orgasmo inhibido), ou exaculación precoz.
Trastornos sexuais con dor:
Dispareunia: dor persistente durante o coito sen causa médica aparente.
Vaxinismo: espasmos involuntarios que impiden ou dificultan a penetración.
Terapia de parella
Ao igual que acontece con cada persoa, cada relación é única. Por iso, non sempre resulta doado atopar un equilibrio entre as necesidades individuais e as da parella como equipo.
As dificultades na relación poden ter diferentes orixes:
Causas internas:
- Discusións frecuentes, infidelidades, celos, dependencia emocional, tentativas de control.
- Problemas de comunicación.
- Dificultades sexuais ou de intimidade.
- Desacordos sobre o proxecto de vida en común.
Causas externas:
- Conflitos coas familias.
- Problemas laborais.
- Dós e perdas.
- Desacordos na crianza ou educación dos fillos.
