Coñéceme
Marga Vilanova, psicóloga con máis de 25 anos de experiencia no benestar emocional.
Marga Vilanova:
compromiso, experiencia e vocación
O meu nome é Marga Vilanova e exerzo como psicóloga en Santiago de Compostela dende o ano 2000. Estou colexiada no Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, co número G-01888 e con habilitación sanitaria: C-15-000783. Ademais son Especialista en Psicoterapia, con certificación EFPA EuroPsy.
O meu interese polo comportamento humano levoume a afondar no mundo da psicoloxía moito antes de comezar a carreira na Universidade de Santiago de Compostela, onde obtiven a licenciatura e posteriormente continuei coa miña formación.
Podo dicir que son unha privilexiada ao poder dedicarme a esta profesión. A psicoloxía permitiume contemplar a vida dende unha perspectiva diferente e iso é o que procuro trasladar a cada un dos meus pacientes en cada intervención.
Cada persoa, un proceso único
Nos meus máis de 25 anos de exercicio no ámbito da psicoloxía sanitaria e da saúde, acompañei a moitas persoas no seu proceso de loita e superación e podo dicir que non hai nada máis gratificante que velas crecer cada día e alcanzar os seus obxectivos.
Para min cada caso é un reto, un desafío que trato de abordar dende a máxima implicación, responsabilidade, honestidade e con absoluto respecto á diversidade e ás particularidades de cada caso individual.
Un enfoque eficaz, baseado na evidencia científica e orientado ao cambio
A intervención que realizo baséase principalmente na terapia cognitivo-condutual, orientación que conta con suficiente respaldo e evidencia científica e demostrou ser altamente eficaz para a abordaxe de diversos problemas psicolóxicos.
Por medio dela os pacientes alcanzan rápidos resultados na resolución de problemas (persoais, laborais, familiares e/ou de parella), melloran a súa capacidade para interactuar socialmente, aprenden a afrontar situacións adversas e a adaptarse aos inevitables cambios vitais. Ademais, resulta altamente efectiva no tratamento de múltiples trastornos: ansiedade xeneralizada, fobias, TOC, disfuncións sexuais, adiccións etc.
A terapia céntrase nos problemas en tempo presente, tratando de entender como se manifestan, identificando as variables que os sosteñen para poder intervir sobre elas a través de diferentes ferramentas que o paciente vai aprendendo e incorporando ao seu repertorio condutual.
O principal obxectivo é que a persoa alcance o benestar persoal e emocional no menor tempo posible, á vez que adquire as habilidades necesarias para lograr a súa completa independencia e autonomía.
Que esperar das túas sesións de terapia?
A primeira sesión céntrase na recollida de información sobre o problema ou problemas que levan ao paciente á consulta, ademais de solicitar datos relevantes sobre a súa historia vital e vivencial. Esta primeira consulta, que ten unha duración de 90 minutos, é crucial para establecer a relación terapéutica. Que o paciente se sinta cómodo, seguro e en confianza é moi importante, xa que inflúe directamente na posterior evolución ao longo da terapia.
As sesión sucesivas, de 60 minutos, continúan coa recollida de información, á vez que se van propoñendo posibles hipóteses explicativas sobre a orixe do problema e/ou trastorno, identificando as variables que inflúen no seu mantemento e proporcionando as explicacións, ferramentas e recursos necesarios para intervir sobre elas.
Formación e experiencia
Marga Vilanova
– Licenciada en Psicoloxía, Itinerario Psicoloxía Clínica e da Saúde, pola Universidade de Santiago de Compostela (USC).
– Con habilitación para o exercicio da psicoloxía Sanitaria e rexistrada no Rexistro de Centros, Servizos e Establecementos Sanitarios con n.º: C-15-000783.
– Diplomada en Criminoloxía polo Instituto Universitario de Criminoloxía (USC).
– Máster Internacional de Psicoloxía Forense da Asociación Española de Psicología Conductual (AEPC) e o Instituto de Psicología Aplicada (IEPA).
– Membro da Federación Europea de Asociacións de Psicólogos (EFPA), con Certificado Europsy, que recoñece a cualificación para o exercicio da psicoloxía a nivel europeo.
– Formación en Perspectiva de Xénero, Violencia de Xénero e Violencia Sexual. Colexiada Nº G-1888.
– Máis de 25 anos dedicada á práctica clínica dende unha orientación condutual-cognitiva. Con ampla formación e experiencia no tratamento dos Trastornos de Ansiedade e do Estado de Ánimo.
Testemuños de pacientes
Muy buena psicóloga, me está ayudando bastante para conseguir abrirme algo más y poder salir algo más y no encerrarme.
Muy agradable y te hace sentir como en casa, muy recomendado
Desde la primera cita me sentí muy cómodo y agradecido. Empatiza y explica muy bien, y da ejemplos y herramientas que luego puedes aplicar en general. Estoy bastante contento y siempre aprovecho la oportunidad para recomendarla!
