Terapia de parella
Terapia de parella
Unha relación de parella implica un proxecto de vida en común.
Independentemente das metas particulares de cada membro, se non existe unha visión compartida, inevitablemente os seus camiños acabarán por separarse.
As parellas, ao igual que as persoas, atravesan diferentes etapas vitais, e adaptarse a cada unha delas pode ser un reto difícil de superar. Nestes momentos pode resultar de gran axuda contar co apoio dunha especialista que asista na xestión dos novos desafíos, xa que o modo en que se afronten as crises influirá directamente en que la relación se fortaleza ou derive nun afastamento total.
A terapia de parella pode ser útil para resolver un conflito concreto, superar un momento doloroso —como unha infidelidade— ou simplemente mellorar a relación. En ocasións convértese no último recurso antes dunha separación; se así fose, durante a terapia poden adquirirse as habilidades necesarias para dar ese paso dun modo san e respectuoso.
A maior parte dos problemas de parella teñen a súa orixe na falta dunha comunicación adecuada, ben porque nunca chegou a establecerse ou ben porque se rompeu nalgún momento da historia en común.
Restablecer ou mellorar esa comunicación efectiva é o eixo central da intervención psicolóxica.
Como imos traballar?
Nas intervencións con parellas, as sesións terán sempre unha duración de 90 minutos. En determinados casos será necesario intercalar consultas individuais con cada un dos membros; nestas ocasións, a duración será de 60 minutos.
A terapia centrarase no presente, co obxectivo de construír cara ao futuro. Isto non significa que non se vaian tratar problemas antigos ou ofensas pasadas, pero farase dende a procura de solucións consensuadas, avanzando cara a unha nova etapa.
No caso de que a unha das persoas lle custe deixar atrás unha experiencia dolorosa, abordarase en sesións individuais, explorando a mellor maneira de comunicarlla á súa parella para conseguir a súa colaboración.
O papel da terapeuta consiste en ofrecer apoio para atopar solucións aos problemas e crises, identificando dinámicas daniñas, ensinando a negociar conflitos, adestrando na identificación e xestión de sentimentos e emocións, e neutralizando atribucións negativas sobre as intencións da outra persoa… todo iso dende unha perspectiva positiva e construtiva.
Obxectivos terapéuticos
- Proporcionar á parella habilidades de comunicación efectiva que incrementen os intercambios reforzantes mutuos.
- Fortalecer o vínculo e crear unha base sólida para unha relación duradeira.
- Mellorar a súa capacidade para resolver problemas e conflitos propios da convivencia.
- Adestralos na expresión construtiva de pensamentos e sentimentos.
- Axudalos a identificar as súas necesidades e a comunicalas de maneira eficaz.
- Orientar cara a expectativas realistas.
- Mellorar a intimidade e reforzar o compromiso.
- Traballar a asertividade, fomentar a empatía e a escoita activa.
Testemuños de pacientes
Excelente cómo persona y cómo profesional, te da sensación de seguridad desde el primer día.
Totalmente recomendable
Era la primera vez y muy bien , me hizo sentir cómoda , muy recomendable.
Me hizo sentir cómodo, fue comprensiva, muy didáctica y empleó ejemplos en los que me vi reflejado. Además me atendió con calma y me dedicó mucho tiempo.