Terapia individual

Terapia individual para axudarche a comprender o que che acontece, recuperar o equilibrio emocional e afrontar as túas dificultades con maior seguridade.

Terapia individual

Este servizo vai dirixido a persoas adultas e mozas que, por algún motivo, teñen que facer fronte a momentos complicados, desafíos ou crises persoais nas que se senten atrapadas e que poden requirir dunha visión externa e experta para a súa xestión.

Buscar soporte psicolóxico pode axudar a identificar os procesos mentais e as condutas que están na orixe desas dificultades, ao tempo que se adquiren as habilidades necesarias para superalas.

A terapia individual tamén se orienta á avaliación de diferentes trastornos que provocan malestar e/ou dificultan a vida, co obxectivo de proporcionar ferramentas eficaces e recursos ás persoas que os padecen para que poidan recuperar a saúde mental e o benestar emocional.

Sesións

Como imos traballar?

Tendo en conta que somos o que pensamos, o que sentimos e o que facemos e que, en ocasións, prodúcense disonancias entre estes tres sistemas de resposta, a intervención vai dirixida a identificar o diálogo interno, o sistema de crenzas, as necesidades, o estado emocional e o repertorio de comportamentos da persoa que acode en busca de axuda, co fin de poder ofrecer a solución e o recurso máis axeitado para cada caso particular.

A primeira sesión de terapia terá unha duración de 90 minutos. Este tempo é necesario non só para a recollida inicial da información imprescindible para a análise e avaliación do caso, senón tamén para a creación dunha alianza terapéutica axeitada. Establecer un clima de seguridade e confianza é fundamental para unha evolución correcta e satisfactoria da persoa.

As consultas sucesivas serán de 60 minutos. Nelas formularemos obxectivos concretos, facilitaranse explicacións necesarias sobre cada problema particular e proporcionaranse as ferramentas máis axeitadas para cada situación.

Benestar

Obxectivos

Testemuños de pacientes

Setembro 3, 2025

Excelente cómo persona y cómo profesional, te da sensación de seguridad desde el primer día.

Totalmente recomendable

Anonymous
Maio 20, 2025

Era la primera vez y muy bien , me hizo sentir cómoda , muy recomendable.

J.c
Maio 14, 2025

Me hizo sentir cómodo, fue comprensiva, muy didáctica y empleó ejemplos en los que me vi reflejado. Además me atendió con calma y me dedicó mucho tiempo.

N. G.
Scroll ao inicio