Terapia sexual

A terapia sexual ofrece un espazo seguro e profesional para abordar dificultades sexuais dende o respecto, a confidencialidade e o acompañamento terapéutico.

Terapia sexual

A sexualidade das persoas non está condicionada unicamente por factores orgánicos; tamén inflúen numerosos elementos psicolóxicos como a educación recibida, a maneira de valorar e vivir o sexo, o autocoñecemento, a relación co propio corpo, as experiencias previas ou a situación actual da relación de parella.

Por iso, cada caso é único e debe ser valorado dun modo particular.

A sexualidade é unha das esferas máis importantes da vida e, do mesmo xeito que o sono, pode verse afectada por múltiples problemas cotiáns. Detrás de moitas disfuncións sexuais atópanse o estrés, a ansiedade, o esgotamento físico e/ou emocional ou conflitos non resoltos.

Solicitar axuda profesional permite identificar as causas do problema e as crenzas que limitan á persoa, ademais de proporcionarlle ferramentas e coñecementos con base científica que lle axudarán a mellorar a súa vida afectiva e sexual.

Falar sobre a propia sexualidade aínda resulta difícil para moitas persoas, polo que con frecuencia pospoñen ou evitan pedir axuda. Retrasar a atención aos problemas sexuais pode facer que a dificultade empeore, prexudicar a autoestima e ter un impacto negativo na parella.

Sesións

Como imos traballar?

A intervención pode realizarse de forma individual ou en parella. Cando é posible contar coa participación da parella, ademais de resolver a dificultade sexual concreta, fortalécese a conexión emocional e a complicidade, favorecendo unha intimidade plena.

Na primeira sesión, que terá unha duración de 90 minutos, búscase crear un clima de seguridade e confianza que permita á persoa expresarse con liberdade, sen medo a xuízos nin cuestionamentos. Ao mesmo tempo, recóllese información detallada sobre o problema que motiva a consulta: a natureza da dificultade sexual, o tempo que leva presente, como afecta á vida da persoa, etc.

Con esa información lévase a cabo unha avaliación minuciosa para descartar posibles factores orgánicos. Se non hai indicios de patoloxía médica, explícanse de maneira clara as causas psicolóxicas subxacentes e establécense obxectivos concretos. No caso de sospeitarse unha patoloxía de orixe orgánica ou vinculada a un tratamento médico, derivarase ao profesional correspondente.

As sesións posteriores terán unha duración de 60 minutos e nelas iranse introducindo diferentes tarefas e exercicios orientados a recuperar o benestar sexual. Revisaranse as prácticas indicadas, resolveranse dúbidas, traballarase sobre as novas dificultades que poidan xurdir e neutralizaranse as crenzas disfuncionais que interfiran na evolución do proceso.

Benestar

A terapia sexual está dirixida á intervención sobre:

Testemuños de pacientes

Setembro 3, 2025

Excelente cómo persona y cómo profesional, te da sensación de seguridad desde el primer día.

Totalmente recomendable

Anonymous
Maio 20, 2025

Era la primera vez y muy bien , me hizo sentir cómoda , muy recomendable.

J.c
Maio 14, 2025

Me hizo sentir cómodo, fue comprensiva, muy didáctica y empleó ejemplos en los que me vi reflejado. Además me atendió con calma y me dedicó mucho tiempo.

N. G.
Scroll ao inicio