Terapia individual

Terapia individual para axudarche a comprender o que che acontece, recuperar o equilibrio emocional e afrontar as túas dificultades con maior seguridade con atención presencial en Santiago de Compostela e tamén en formato online.

Terapia individual

Este servizo vai dirixido a persoas adultas e mozas que, por algún motivo, teñen que facer fronte a momentos complicados, desafíos ou crises persoais nas que se senten atrapadas e que poden requirir dunha visión externa e experta para a súa xestión.

Buscar soporte psicolóxico pode axudar a identificar os procesos mentais e as condutas que están na orixe desas dificultades, ao tempo que se adquiren as habilidades necesarias para superalas.

A terapia individual tamén se orienta á avaliación de diferentes trastornos que provocan malestar e/ou dificultan a vida, co obxectivo de proporcionar ferramentas eficaces e recursos ás persoas que os padecen para que poidan recuperar a saúde mental e o benestar emocional. Podes acudir á consulta en Santiago ou elixir sesións online se che resulta máis cómodo. 

Sesións

Como imos traballar?

Tendo en conta que somos o que pensamos, o que sentimos e o que facemos e que, en ocasións, prodúcense disonancias entre estes tres sistemas de resposta, a intervención vai dirixida a identificar o diálogo interno, o sistema de crenzas, as necesidades, o estado emocional e o repertorio de comportamentos da persoa que acode en busca de axuda, co fin de poder ofrecer a solución e o recurso máis axeitado para cada caso particular.

A primeira sesión de terapia terá unha duración de 90 minutos. Este tempo é necesario non só para a recollida inicial da información imprescindible para a análise e avaliación do caso, senón tamén para a creación dunha alianza terapéutica axeitada. Establecer un clima de seguridade e confianza é fundamental para unha evolución correcta e satisfactoria da persoa.

As consultas sucesivas serán de 60 minutos. Nelas formularemos obxectivos concretos, facilitaranse explicacións necesarias sobre cada problema particular e proporcionaranse as ferramentas máis axeitadas para cada situación. Esta dinámica mantense tanto na consulta en Santiago de Compostela como nas sesións online.

Benestar

Obxectivos

Testemuños de pacientes

Abril 30, 2025

Es la primera vez que acudo a ella y es excepcional. Sus ejemplos y sus formas de ver las cosas son fantásticos.

T.T
Marzo 11, 2025

Te comprende, te ayuda y te hace sentir muy cómodo. Recomendable al 100%.

Víctor
Marzo 8, 2025

Moi boa profesional e empática… a min axudoume moito, seguirei con ela. Grazas Marga

Juana
Marga Vilanova - Doctoralia.es
Scroll ao inicio